Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os helicópteros contra o lume combaten as lapas máis inaccesibles

Os helicópteros contra o lume combaten as lapas máis inaccesibles

Galicia posúe trece unidades deste tipo

 

G24.gal 25/09/2022 21:45 Última actualización 25/09/2022 23:58

Non cesa o traballo dos equipos de brigadistas na loita contra os incendios, e menos nun ano coma este, onde a seca e as condicións do tempo poden facer saltar as alarmas en calquera momento.

Visitamos e coñecemos de primeira man como traballan as unidades que operan en helicóptero desde a base área do Campiño, en Pontevedra. Hai un total de 13 en toda Galicia e son as encargadas de chegar aos lumes máis inaccesibles.

As 27 persoas que conforman esta unidade teñen sete minutos para subir ao helicóptero e iniciar un voo que os levará a un incendio activo de acceso difícil por terra. Moitas persoas visitan semanalmente a base para coñecer máis de preto o seu traballo.

Parece unha xornada tranquila, pero todo cambia cando hai que actuar na extinción dun lume. O helicóptero é unha ferramenta máis de traballo que axuda os equipos despregados en terra. 

Manobras complicadas

A seguridade é primordial para poder rematar con éxito unha xornada de traballo extrema e longa. Iso en terra. Dende o aire, as manobras de carga e descarga de auga, con capacidade para 1.500 litros, son momentos moi críticos.

Non foi un verán doado e a seca prevé un outono difícil con incendios cada vez máis complicados na súa extinción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade