Breogán e Obradoiro prepáranse para unha nova xornada despois do derbi
O Breogán recibe esta tarde o Joventut
O Obradoiro xoga mañá en Manresa

Antes do inicio desta xornada, Veljko Mrsic lanzou un reto: "Temos o soño de entrar nos play offs".
Na xornada 1 tras o derbi, o Río Breogán exhibe ambición. A lesión de Lukovic abriulle a porta a Nikola Tanaskovic, que se estrea esta tarde. Se queren playoff, os celestes deben comeza a facerlles danos aos equipos punteiros, aos da outra liga. O Joventut é un deles. "Coñecense moi ben, ten xogadores expertos, e tamén mozos que están achegando moito", indica Mrsic.
A lectura do derbi foi distinta no Obradoiro. Todo o que entrou na primeira parte converteuse en perdas de balón e erros na segunda. A abafante defensa lucense tivo moito que ver pero tamén hai unha cuestión de confianza. Moncho Fernández teno claro: "Nós como adestradores temos que darlles confianza aos xogadores. Que eles lancen e teñan unha mala serie... o pecado sería non tirar o seguinte, sería unha peor decisión".
Os santiagueses visitan mañá a pista dun Manresa en plena loita pola permanencia. No Sar, o partido foise á prórroga así que o duelo garante fortes emocións.