Publicador de contidos

Publicador de contidos

Breogán e Obradoiro cítanse na final da Copa Galicia por terceiro ano seguido

Breogán e Obradoiro cítanse na final da Copa Galicia por terceiro ano seguido

Os lucenses non tiveron problemas para derrotar o COB (80-36)

O Obradoiro impúxose ao Leyma Coruña por 88-73

G24.gal 15/09/2023 21:28

Haberá un clásico na final da Copa Galicia de baloncesto. Por terceiro ano consecutivo e por quinta ocasión nas últimas seis edicións o Breogán e o Obradoiro mediranse no partido decisivo (domingo, 17:15 horas). 

O Breogán derrotou sen problemas ao COB. Xogaba como local e non quixo deixar lugar a dúbidas desde o comezo. No primeiro cuarto os de Mrsic dominaban por 18-8 e ao descanso a marxe era de vinte puntos (36-16). Ao final o resultado falou ás claras da superioridade breoganista (80-36).

A outra eliminatoria foi un chisco máis igualada, aínda que o triunfo do Obradoiro non deixou lugar a dúbidas. Cunha boa secuencia anotadora fóronse no primeiro cuarto (25-16) e mantiveron a vantaxe de dez puntos ao descanso (43-33). 

O terceiro cuarto foi o que acabou de decidir o partido para os de Moncho Fernández cun parcial de 28-14 (71-47) e deixou nun trámite o derradeiro período. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade