Borja Verea asume a presidencia do PP de Santiago cun 98 por cento dos votos
O candidato a liderar o Partido Popular de Santiago pedía aos afiliados o seu apoio momentos antes de comezar a votación en urna.
O deputado autonómico Borja Verea, que levou as rendas da xestora local tras a marcha de Agustín Hernández, asume agora o liderado da formación tras ser elixido polas bases.
A cidade está paralizada e polo tanto temos que comezar a poñer a Compostela en marcha, a Santiago en acción.
A súa era a única candidatura tras a retirada do doutor Fernando Mayo.
Cun equipo de 20 persoas, 13 mulleres e sete homes, e unha renovación do 90 por cento dos membros, Verea móstrase convencido de poder lograr unha maioría aboluta nas eleccións municipais do ano próximo.
E certo que é unha candidatura de 20 persoas que é o que esixía o regulamento pero a partir do luns imos ampliar os equipos, co obxectivo de chegar a toda a sociedade e a comezar a gobernar Santiago a partir de 2023.
O novo presidente do PP de Santiago avogou por un partido plural e unido, como única alternativa ao Goberno do PSdeG. A mesma idea que repetiron na clausura do congreso o presidente provincial, Diego Calvo, e o secrertario xeral do PP, Miguel Tellado.