Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Sémper reincorpórase ao Comité de Dirección do PP tras superar un cancro

Borja Sémper reincorpórase ao Comité de Dirección do PP tras superar un cancro

O político vasco anunicou en decembro pasado que finalizara o tratamento contra un cancro de páncreas

Borja Sémper e Alberto Núñez Feijóo este luns durante a reunión do Comité de Dirección do PP (EFE/David Mudarra) Borja Sémper e Alberto Núñez Feijóo este luns durante a reunión do Comité de Dirección do PP (EFE/David Mudarra)
EFE 04/05/2026 11:34

O vicesecretario de Cultura do Partido Popular, Borja Sémper, incorporouse este luns ao Comité de Dirección do partido, tras pasar dez meses fóra da primeira liña política por mor dun cancro.

O PP difundiu este luns unhas fotografías en que aparece o político ovacionado polos seus compañeiros, entre eles o presidente da formación, Alberto Núñez Feijóo.

O tamén portavoz do PP non ofrecerá, con todo, a conferencia de prensa semanal deste luns en Génova, na que comparecerá o vicesecretario de Política Autonómica e Municipal e Análise Electoral, Elías Bendodo.

O político vasco anunciou que padecía cancro o 14 de xullo do ano pasado e en xaneiro puido verse na reunión do Comité de Dirección do PP, aínda que non se reincorporou porque aínda tiña que afrontar parte do tratamento.

O pasado 8 de decembro foi o propio Sémper quen informou de que terminara o tratamento de quimioterapia contra o cancro de páncreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade