Borja Jiménez agarda "tres ou catro incorporacións máis" no Deportivo
O técnico recoñeceu que Ibai amosou moito interese en vir e "era unha oportunidade que non se podía desaproveitar"
Aposta forte o Deportivo para, esta vez si, acadar o ascenso á Segunda División. Repite Borja Jiménez no banco nun equipo que xa conta con 8 caras novas. O míster, por certo, lembrou que o club precisa fichar un dianteiro.
Oito novos xogadores pechou xa o Deportivo, pero e agarda tres ou catro máis. O de máis impacto, o último, Ibai Gómez. "Amosou moito interese en estar connosco e é unha oportunidade que non podíamos deixar pasar", comentou Jiménez. Busca o Deportivo xogadores de nivel cun alto grao de implicación co club.
Jiménez ten un nome entre cella e cella, pero prefire xogar ao gato e o rato. "Está falado desde hai tempo pero hai que ter paciencia" é o único que lle sacamos ao técnico branco e azul.