Cargando resultados...
Borja Iglesias volve á selección española para os partidos ante Xeorxia e Turquía
O dianteiro galego recibe a chamada de Luis de la Fuente por segunda vez esta temporada
Os próximos partidos serán ante Xeorxia e Turquía para a clasificación mundialista
G24.gal
07/11/2025 13:37
Logo de máis de dous anos de ausencia, o compostelán Borja Iglesias, xogador do Celta, repite convocatoria na Selección Española por segunda vez consecutiva.
Será para os partidos ante Xeorxia, o sábado 15 ás 18:00 h; e Turquía, o martes 18 ás 20:45 h. Dous encontros decisivos para a clasificación para o Mundial.
Na anterior convocatoria o galego disputou 25 minutos ante Xeorxia e a segunda metade ante Bulgaria con senllas vitorias.