Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boa acollida para "Sica", o berro de auxilio ante a crise climática que leva a Costa da Morte á Berlinale

Boa acollida para "Sica", o berro de auxilio ante a crise climática que leva a Costa da Morte á Berlinale

Tres filmes con selo galego en Berlín: Matria, Sica e Samsara

Este luns Lois Patiño estrea Samsara dentro da sección Encounters

 

Cartel de "Sica", de Carla Subirana
G24.gal 19/02/2023 21:22 Última actualización 19/02/2023 21:46

A Costa da Morte desembarcou este domingo na Berlinale, grazas á premiere de Sica, a película de Carla Subirana ambientanda neste recuncho do litoral galego. É a segunda estrea con selo galego neste Festival do Cinema de Berlín.

Sica xa tivo a súa estrea en Berlín, foi a premiere da película, da súa protagonista, Thais, e de Carla Subirana á fronte dunha longametraxe de ficción.

"Chegar a Berlín e que "Sica" entre pola porta grande é un regalazo. Isto é unha experiencia para eles, para min como directora e para a posibilidade de que sexa vista e podela compartir. Inicia a viaxe nun gran festival e poderá ser vista en moitos outros lugares". 

Carla Subirana atopou a súa historia percorrendo o camiño dos faros, onde descubriu a forza da paisaxe, a poética da fala da xente do mar, e unha protagonista introvertida pero chea de curiosidade. 

"E un día apareceu esta moza, mirando o chan, falando baixiño; pero Conchi, que é unha gran directora de cásting, chamoume e díxome: 'Creo que a temos'. Eu coñecina e dixen: 'pero se é un gato', no sentido de que é moi felina. Ao principio mírate, obsérvate, é un pouco seca. E digo: 'pero se é Sica!' Eu escribín este personaxe e atopeina.

Así o viviu Thais, a protagonista.

"Entón veu ao colexio e presentouna e dixen, pois vou ao cásting. E fixéronme preguntas e despois dun mes ou así chamáronme. Eu sabía como era o meu personaxe pero non sabía en si de que ía a película porque Carla ata o último momento non nolo dixera. Iso era chulo".

O seguinte reto será o de recoller a opinión dos espectadores galegos na estrea prevista en salas para o 19 de maio.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade