Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago solicita a declaración como zona de mercado residencial tensionado

Santiago solicita a declaración como zona de mercado residencial tensionado

Aprobada en pleno unha proposición do PSOE, cos votos a favor de BNG e Compostela Aberta

Os populares trasladaron "un non rotundo a controlar os prezos de alugueiro"

G24.gal 29/01/2024 12:01 Última actualización 30/01/2024 10:41

O pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou, cos votos do BNG, Compostela Aberta e PSdeG, unha proposta para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado, pese ao rexeitamento do PP.

A proposta, impulsada desde o PSOE, busca segundo a edil Mercedes Rosón “regular os prezos de alugueiro en Santiago” a fin de facilitar o acceso a unha vivenda digna a todos os cidadáns.

A concelleira do PSOE encargada de defender esta cuestión incidiu nas importantes subidas de prezos que se produciron en diferentes zonas da cidade e que, no caso do centro histórico sitúase nun 76 por cento máis que fai cinco anos.

Por iso, na súa opinión, é “imprescindible tomar a iniciativa para corrixir esta deriva” a pesar do “deixamento” da Xunta nesta materia, reprochou.

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, insistiu en que o goberno local traballa de cheo nesta cuestión para adoptar medidas que solucionen o problema que existe en Santiago co alugueiro.

A pesar diso, Lestegás insistiu en que as iniciativas que poden adoptarse desde o concello son limitadas xa que unicamente poden actuar dentro das súas competencias e "con moi limitados recursos".

Neste sentido o nacionalista lembrou que a Xunta é a administración coa competencia en vivenda a pesar de que “demostra pouco interese en exercela para mellorar o dereito á vivenda”.

Fronte a iso, o portavoz do PP no concello, Borja Verea, alertou sobre as consecuencias que pode ter este intento de “intervir” o mercado porque pode derivar en que os propietarios opten por ofertar menos pisos nestas zonas se é o goberno local “o que decide o prezo”.

“Nesas zonas van desaparecer moitos inmobles, é o que sempre pasa cando se toman medidas de control de prezos”, reflexionou o edil popular que aposta por “liberdade para os propietarios” e axudas para os alugueiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade