Cargando resultados...
Blanca Riestra: "En 'Aquí comeza o mar' quixen facer unha obra colectiva e coral"
Aquí comeza o mar é unha sorte de crónica-caderno de bitácora da Coruña
A novela de Blanca Riestra obtivo o Premio Eduardo Blanco-Amor
Blanca Riestra, escritora
G24.gal
16/05/2022 17:11
A novela Aquí comeza o mar fala de personaxes reais como o poeta Lois Pereiro e retrata mocidades dos anos oitenta coas súas luces e as súas sombras. Unha historia con banda sonora de grupos punk como Radio Océano e Viuda Gómez e Hijos que ten o ruxido do mar do Orzán de fondo e escenarios populares como O Patacón, o Enrique ou o Cantón. Unha obra colectiva e coral que obtivo o Premio Eduardo Blanco Amor.