Publicador de contidos

Publicador de contidos

Biden analiza coa Unión Europea a crecente tensión con Rusia

Biden analiza coa Unión Europea a crecente tensión con Rusia

Bruxelas non cre que haxa unha invasión inminente de Ucraína

A OTAN mobiliza medios militares no leste de Europa

G24.gal 24/01/2022 20:42

O presidente dos Estados Unidos mantén unha videoconferencia cos líderes europeos para tratar a tensión con Rusia polas súas manobras militares en Ucraína.

Con Joe Biden están os xefes políticos da UE e da OTAN e as principais potencias europeas: Alemaña, Francia, Italia e Reino Unido. Tamén Polonia, un dos países máis afectados se finalmente Rusia atacase Ucraína.

Esta segunda conversa acontece despois de que EEUU e a UE pactasen sancións masivas e severas se Vladimir Putin lanza a súa ofensiva militar. E coa OTAN reforzando os seus grupos de combate no leste do continente.

Pero no que pode ser o primeiro xesto de desxeo, o Alto Representante Exterior da UE, Josep Borrell, asegura que non hai elementos novos para temer un ataque inminente de Rusia. Borrell aposta por non dramatizar e insiste en que o medo en Bruxelas non está a aumentar.

A Comisión e os gobernos europeos manterán ao seu persoal diplomático en Ucraína mentres duren as negociacións con Rusia. Pero a UE tamén recoñece publicamente por primeira vez que as sancións serán contra unha ampla gama de sectores económicos dese país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade