Cargando resultados...
Betanzos solicitará a declaración do seu globo como Ben de Interese Cultural
Con esta declaración perséguese garantir a protección patrimonial dos seus valores históricos e antropolóxicos

G24.gal
24/02/2025 17:24
Última actualización 24/02/2025 17:46
O Goberno local de Betanzos vai solicitar a declaración do seu globo como Ben de Interese Cultural. Queren que se recoñeza como patrimonio inmaterial de Galicia, porque entenden que o Globo de Betanzos é o principal atractivo das festas que se celebran en agosto na vila, e que ten un significado que transcende o ámbito local.
Esta peza de papel pesa uns 150 quilos e no seu interior reúne uns 2.300 metros cúbicos de aire. Sempre vai decorado cunha escena cómica relativa aos acontecementos do ano. Trátase dunha tradición que se remonta ao ano 1834.