Publicador de contidos
Publicador de contidos

Besteiro reúne por primeira vez a Executiva con obxectivo de redefinir o proxecto

Besteiro reúne por primeira vez a Executiva con obxectivo de redefinir o proxecto

Algúns dos puntos tratados foron xerar máis empregos e a mellora dos dereitos públicos, como a sanidade, os servizos sociais e a educación

Reunión do executivo de PSdeG. EFE/ Xoán Rey Reunión do executivo de PSdeG. EFE/ Xoán Rey
G24.gal 02/05/2024 19:09

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reuniu este xoves por primeira vez a súa Executiva, conformada no Congreso Extraordinario do pasado domingo, e emprazou os seus membros para traballar na conferencia política na que “se redefina o proxecto dos socialistas en Galicia”.

No encontro da nova dirección, conformada por 40 persoas, Besteiro analizou as prioridades do PSdeG para activar os “traballos preparatorios” da conferencia política, que se celebrará o próximo outono. Nesa reunión, o PSdeG prevé redefinir o proxecto para recuperar o seu papel en Galicia e mellorar os resultados obtidos o pasado febreiro.

Entre as cuestións nas que o PSdeG pretende centrar a súa acción política, Besteiro apuntou á economía coa intención de “xerar máis empregos e aumentar a taxa de actividade”. Outro dos puntos nos que centrarse, remarcou, é a mellora dos dereitos públicos entre os que destacou a sanidade, os servizos sociais e a educación, que son “as grandes conquistas” da sociedade, dixo.

Por último, na reunión da Executiva tamén se abordou a próxima cita electoral, os comicios europeos do 9 de xuño, xa que Besteiro insistiu na necesidade de deixar claro “o que queremos conseguir nos próximos cinco anos” nas institucións europeas, dada a importancia das decisións que se adoptan sobre medio ambiente, pesca ou medio rural, entre outras cuestións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade