Publicador de contidos

Publicador de contidos

Besteiro di que nunca valorou a renuncia: "Quen ten que dimitir é o que acosa"

Besteiro di que nunca valorou a renuncia: "Quen ten que dimitir é o que acosa"

O PSdeG pediulle ao alcalde de Barbadás que entrege a acta de rexedor e a da Deputación de Ourense pola denuncia recibida na canle interna por suposto acoso sexual

O procedemento inclúe a suspensión cautelar da militancia de Xosé Carlos Valcárcel Doval

Besteiro asegura que "en absoluto" pensou en renunciar, e que "quen ten que dimitir é o que acosa"

 

 

EFE/Lavandeira jr EFE/Lavandeira jr
G24.gal 16/12/2025 16:33 Última actualización 16/12/2025 18:21

Besteiro avanzou este martes que o partido lle esixe ao alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel Doval, que entregue a súa acta como rexedor e como deputado provincial despois de que unha militante o denunciase por suposto acoso laboral.

Nunha conferencia de prensa convocada de urxencia tras coñecer esta noticia, Besteiro explicou que a militante interpuxo “unha dobre denuncia”, xa que trasladou este caso á dirección provincial do PSOE de Ourense e tamén mediante a canle interna do partido.

Na súa denuncia a muller esgrime que foi vítima de “acoso laboral” como “represalia por denunciar acoso sexual por parte dun concelleiro” hai xa meses.

O líder do PSdeG defendeu a xestión que fixo o partido da denuncia contra José Tomé. Lembrou que o aínda alcalde de Monforte abandonou o partido en menos de 24 horas.

Besteiro rexeitou dimitir a pesar das críticas xurdidas dentro do seo do seu propio partido: “Dimitir ten que dimitir o que acosa”. En todo caso, dixo que respecta “moitísimo” os manifestos divulgados por socialistas que critican a xestión do caso.

 

E, sobre o manifesto que asinan máis de 500 persoas e que crítica a xestión do caso Tome por parte da cúpula do PSdeG e apoia a dimisión da secretaria de Igualdade, Silvia Fraga, Besteiro asegurou respectar a liberdade de expresión e asegurou compartir moitas das cuestións que nel se recollen.

Insistiu Besteiro en que, ao seu xuízo, a xestión fíxose seguindo os procedementos adecuados. “Con prudencia”, pero tamén “con rapidez” á hora de esixir responsabilidades ao denunciado e sempre evitando “poñer no foco á propia vítima”, detallou.

“Cumprimos os protocolos de maneira absolutamente escrupulosa”, defendeu Besteiro.

Socialistas de Lugo promoven outro manifesto

Diferentes militantes da agrupación local socialista de Lugo lanzaron un novo manifesto de repulsa ante as acusacións de acoso sexual destapadas a pasada semana contra José Tomé, naquel momento presidente da Deputación de Lugo e secretario xeral do PSOE provincial.

Co título 'Declaración de principios feministas das socialistas e dos socialistas lucenses', á fronte desta iniciativa está María Jesús Navarro, histórica figura do socialismo, que xa conseguiu o respaldo dunha gran parte de concelleiros e concelleiras do Concello de Lugo, entre os que se atopan Mauricio Repetto, Ángeles Novo, Waldir Sinisterra ou María Reigosa.

Ata o momento rexistráronse máis dun centenar de firmas de militantes ambos os sexos, moitos deles tamén asinantes do manifesto promovido por mulleres socialistas como a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.

"O silencio tamén é violencia", explica María Jesús Navarro que quere mostrar con esta iniciativa "un apoio claro ás mulleres vítimas destes acosos, respectando sempre a presunción de inocencia", así como manifestar a súa "repulsa" a este tipo, esixindo "firmeza" contra este tipo de condutas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade