Publicador de contidos

Publicador de contidos

Benzema e Courtois amplían a vantaxe do líder

Benzema e Courtois amplían a vantaxe do líder

O Real Madrid asinou ante o Athletic (1-0) o seu quinto triunfo ligueiro consecutivo

G24.gal 02/12/2021 11:59

Un tanto do máximo goleador da liga , o francés Karim Benzema, e as paradas do belga Thibaut Courtois, permítenlle ao Real Madrid aumentar a súa vantaxe como líder, sete puntos sobre o Atlético de Madrid, tras derrotar un Athletic Club que acariñou o empate no estadio Santiago Bernabéu.

O Real Madrid asinou o seu quinto triunfo ligueiro consecutivo, sen brillantez pero con eficacia, cun solitario gol de Benzema aos 40 minutos ao aproveitar o rexeite de Unai Simón a un disparo de Marco Asensio e o intento errado de disparo de Luka Modric que converteu en asistencia de gol. O dianteiro francés converteu o Athletic Club no equipo ao que máis goles marcou na súa carreira co seu décimo quinto gol.

O equipo de Marcelino García Toral pagou a súa falta de pegada. Se na primeira metade Iñaki Williams e un remate de cabeza de Raúl García a pracer, ao que respondeu cunha gran parada Thibaut Courtois, na segunda dominou o encontro pero non foi capaz de superar o porteiro madridista, que se luciu ante Unai Núñez e Sancet.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade