Publicador de contidos

Publicador de contidos

Benítez recupera a Miguel Rodríguez e a Iago Aspas para xogar ante o Real Madrid

Benítez recupera a Miguel Rodríguez e a Iago Aspas para xogar ante o Real Madrid

O técnico celeste tamén terá á súa disposición o dianteiro Iago Aspas tras cumprir sanción

G24.gal 06/03/2024 18:24 Última actualización 06/03/2024 18:30

Rafa Benítez, adestrador do Celta, recupera o extremo Miguel Rodríguez para o partido que o seu equipo disputará o vindeiro sábado contra o Real Madrid no Santiago Bernabéu.

O canteirán, que este mércores recibiu a alta médica tras completar ao mesmo ritmo que os seus compañeiros a sesión de adestramento na cidade deportiva Afouteza, perdeu os últimos dous partidos de LaLiga por un traumatismo no pé esquerdo.

Ademais, o técnico celeste tamén terá á súa disposición o dianteiro Iago Aspas tras cumprir sanción por acumulación de tarxetas no último duelo ligueiro contra o Almería.

Os que non chegarán ao partido do Santiago Bernabéu son o mediocentro Renato Tapia e o lateral esquerdo Mihailo Ristic, ademais dos lesionados de longa duración Joseph Aidoo e Carlos Dotor. O sueco Williot Swedberg segue sendo dúbida por unha escordadura de nocello

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade