Benítez iguala o peor rexistro dos últimos 80 anos de historia do Celta en nove xornadas
Rafa Benítez asinou co Celta o seu peor inicio como adestrador en España e o segundo de toda a súa carreira como adestrador
O peor inicio do conxunto vigués deuse na campaña 1943-44 cunha vitoria, dous empates e seis derrotas
Co empate de onte á noite ante o Xetafe (2-2), Rafa Benítez asinou co Celta o seu peor inicio como adestrador en España, e o segundo de toda a súa carreira como adestrador tras o protagonizado co Newcastle no curso 2018-19.
Seis puntos que empeoran os números que asinou na súa etapa á fronte do Club Atlético Osasuna (tempada 1996-97), onde foi cesado na novena xornada, as mesmas que leva en Vigo, tras sumar unicamente sete puntos de 27 posibles (un triunfo, catro derrotas e outros tantos empates).
Mesmo na súa época como adestrador do Real Valladolid, onde tamén foi cesado en xaneiro de 1996, Rafa Benítez melloraba os números que leva en Vigo. En Valladolid, o seu equipo pechou a novena xornada con dúas vitorias e tres empates (9 puntos).
Ademais, o adestrador madrileño, gañador dunha Liga de Campións co Liverpool en 2005, tamén igualou o peor rexistro dos últimos 80 anos de historia do Celta en nove xornadas, que ata o de agora asinaran Laureano Ruiz no curso 1978-79 e Luis Enrique no 2013-14.
Ata a data, nos seus cen anos de historia, o peor inicio do conxunto vigués deuse na campaña 1943-44 cunha vitoria, dous empates e seis derrotas.