Benítez asina o peor inicio do Celta en Balaídos en todas as categorías
Benítez asina o peor inicio do Celta en Balaídos en todas as categorías
Outro dato negativo: o Celta asina o peor inicio de liga desde 1985, despois de sumar unicamente cinco puntos nas sete primeiras xornadas de Liga
O Celta de Rafa Benítez, que onte á noite empatou no seu estadio ante o Deportivo Alavés (1-1), sumou tan só un punto nos seus catro primeiros partidos en Balaídos, o que supón o peor inicio nos seus cen anos de historia como local en todas as categorías.
Os únicos precedentes nos que o Celta non celebrou ningunha vitoria como local nos seus catro primeiros partidos déronse nos campionatos 1995-96 e 2009-10, aínda que en ambas as ocasións lograra dous empates.
Aínda por riba, o equipo de Benítez asinou o peor inicio goleador en casa en calquera competición doméstica –Primeira, Segunda e Segunda División B-, xa que ata o momento non conseguiu marcar ningún gol –o de onte foi en propia porta do central do Alavés Rafa Marín-.
Só nunha ocasión, na tempada 1992-93 con Txetxu Rojo como adestrador, o Celta marcara un gol nos seus catro primeiros partidos como local. Foi na xornada 4 daquel campionato, e asinouno o hoxe delegado do equipo, Vlado Gudelj.
O preocupante arranque de tempada de Rafa Benítez en Vigo aínda ten outro dato negativo. O seu equipo asinou o peor inicio desde 1985 despois de sumar unicamente cinco puntos nas sete primeiras xornadas de Liga.