Cargando resultados...
Dragan Bender, pendente do recoñecemento para reincorporarse ao Obradoiro
O pivote croata lesionouse na plastia do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo
Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal
30/01/2024 17:36
Última actualización 30/01/2024 19:14
Dragan Bender podería reforzar o xogo interior do Obradoiro no caso de confirmarse a recuperación da súa lesión. Así nolo confirmou Raúl López, presidente da entidade santiaguesa.
"Bender está en Santiago pasando a revisión médica"
"Confiemos en que se recupere porque é xogador noso"
Bender converteuse nunha figura en Compostela desde a súa chegada na pasada tempada. O éxito do xogador frustrouse por unha grave lesión en Bilbao. O pivote croata mancouse na plastia do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo.