Beltrán: "Sempre dei o mellor de min polo Celta"
O madrileño é o terceiro futbolista con máis encontros na historia do Celta en Primeira División, só por detrás de Iago Aspas e Hugo Mallo
Foto Celta
O centrocampista Fran Beltrán, traspasado onte á noite polo Celta ao Xirona, despediuse este mércores do celtismo asegurando que durante estes sete anos que xogou en Balaídos “sempre” deu o mellor de si.
“Baleireime no campo e sempre dei o mellor de min. E o mesmo sinto que fixestes vós comigo. Con iso quedo”, apuntou o futbolista madrileño.
Beltrán chegou a Vigo procedente do Raio Vallecano como unha aposta persoal do entón director deportivo, Felipe Miñambres, no verán de 2018. Na súa carta de despedida, Beltrán sinala que “botando a vista atrás” dáse conta de todo o que significou para el o conxunto celeste, o cal non lle ofreceu unha oferta de renovación para ampliar o contrato que unía a ambas as partes ata xuño de 2026.
“Profesionalmente, o Celta foino todo para min, pero tamén Vigo no persoal. Unha cidade perfecta para a miña familia. Estamos orgullosos de que nosas dúas fillas nacesen aquí. Esta tamén será a nosa casa para sempre”, subliñou.
Beltrán pecha a súa etapa en Balaídos despois de converterse no terceiro futbolista con máis encontros na historia do Celta en Primeira División, só por detrás de Iago Aspas e Hugo Mallo.
“Cheguei con 19 anos sen debutar na liga e despídome con 26, con máis de 200 partidos defendendo esta camiseta e sendo un dos capitáns. En Primeira, onde debe permanecer sempre o club, e xogando en Europa, onde se merece estar”, sentenza
Ha llegado el día… 🩵
— Fran Beltrán (@franbeltran__) January 20, 2026
Echando la vista atrás me doy cuenta de todo lo que ha significado para mí el Celta. Llegué con 19 años sin haber debutado en La Liga y me despido con 26, con más de 200 partidos defendiendo esta camiseta y siendo uno de los capitanes. En Primera, donde… pic.twitter.com/E3qCLASuMW