Publicador de contidos

Publicador de contidos

Beltrán non cre que a actitude dos xogadores mudase tras o cambio de adestrador

Beltrán non cre que a actitude dos xogadores mudase tras o cambio de adestrador

O madrileño eloxiou “a claridade” coa que Giráldez transmite a súa idea futbolística

G24.gal 21/03/2024 16:07 Última actualización 21/03/2024 16:13

O centrocampista do Celta Fran Beltrán, destacou este xoves a importancia do triunfo logrado fronte ao Sevilla (1-2) na estrea do técnico Claudio Giráldez.

“Ao equipo véselle con ánimo e alegría. Esta vitoria veunos moi ben para levantar o ánimo, agora véñennos unha serie de partidos que poden marcar o noso final de tempada e creo que temos que afrontalos coa máxima ambición”, declarou.

Na súa comparecencia ante os xornalistas, o madrileño eloxiou “a claridade” coa que Giráldez transmite a súa idea futbolística, a cal, puntualizou, cre que pode “beneficiar” moitos xogadores do equipo.

“En Sevilla viuse que aínda temos que mellorar moitas cousas, pero creo que imos polo camiño correcto. Está semana está a virnos moi ben para seguir evolucionando porque o que se viu en Sevilla é moi mellorable”, afirmou.

Neste sentido, non escondeu que a idea futbolística do novo adestrador é diferente á que tentou implantar Rafa Benítez, por iso necesitan traballar para “axustar e perfilar ben as pezas deste novo quebracabezas”.

“Non son conceptos novos, pero facía tempo que non os traballabamos”, confesou Beltrán.

Non cre que a actitude dos xogadores cambiase tras o cambio de adestrador: “A mentalidade sempre foi a mesma, ir gañar todos os partidos”.

O mediocentro lembrou que “nada está feito” na carreira por lograr a permanencia en LaLiga, por iso ve “moi importante” sumar os tres puntos no próximo partido ligueiro contra o Raio Vallecano, club no que se formou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade