Publicador de contidos

Publicador de contidos

Belén Toimil, décima na final de lanzamento do Europeo de Múnic

Belén Toimil, décima na final de lanzamento do Europeo de Múnic

A lanzadora galega empezou o seu concurso cun lanzamento de 17,40 que mellorou no segundo con 17,86

G24.gal 16/08/2022 10:56 Última actualización 16/08/2022 11:00

Belén Toimil, plusmarquista española de lanzamento de peso, concluíu décima na final do Europeo de Múnic que gañou a neerlandesa Jessica Schilder, que se adxudicou o ouro catro semanas despois de colgarse o bronce no Mundial de Eugene (Estados Unidos). Toimil, adestrada por Carlos Burón, chegou á final como cuarta da súa serie de clasificación coa décima mellor marca de todas as competidoras.

Na final, a lanzadora galega empezou o seu concurso cun lanzamento de 17.40 que mellorou no segundo con 17.86. No terceiro, o peor de todos, deixou a marca en 17.21, moi lonxe da pelexa polas medallas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos