Publicador de contidos

Publicador de contidos

Beizón de animais no día de Santo Antón en Verín

Beizón de animais no día de Santo Antón en Verín

O ano pasado vírase interrompida pola pandemia

G24.gal 17/01/2022 17:52

O día de santo Antón puido volver celebrarse coa tradicional misa e beizón dos animais en Verín, despois de que o ano pasado se vira interrompida pola pandemia. 

Na localidade de Ábedes tivo lugar a romaría de Santo Antón e unha das tradicións é que os donos de animais acudan este 17 de xaneiro coas súas mascotas a ser bendicidos despois de escoitar misa.

O ano pasado non foi posible pola pandemia, pero o santo Antón deste 2022 está sendo recompensado con este día solleiro.

A bendición celebrouse con todas as medidas de seguridade e en que os asistentes acudiron, sobre todo, cos animais máis domésticos: cans e gatos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar