Begoña Gómez pídelle a Peinado que a deixe ir ao cumio da OTAN e á graduación da filla en Inglaterra
Begoña Gómez pídelle a Peinado que a deixe ir ao cumio da OTAN e á graduación da filla en Inglaterra
A muller do presidente pídelle ao xuíz que a autorice a asistir de acompañante ao Cumio de Xefes de Estado e de Goberno da OTAN que se celebra en Ankara
O maxistrado retiroulle o pasaporte o pasado 20 de xuño no marco da investigación aberta contra ela
Begoña Gómez, a esposa do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, solicitoulle ao xuíz Juan Carlos Peinado que lle permita viaxar a un cume da OTAN en Ankara (Turquía) e a Inglaterra para a gradación da súa filla.
Así o solicitou a defensa de Gómez nun escrito, no que pide autorización para voar a Ankara o 7 de xullo acompañando ao seu marido e á delegación española en avión oficial e facer a volta vía Londres o día 10 en avión comercial para asitir á graduación da súa filla en Inglaterra.
O pasado 20 de xuño o maxistrado retiroulle o pasaporte tras acordar abrir xuízo oral contra Gómez, a súa asesora, Cristina Álvarez e o empresario Juan Carlos Barrabés.
O letrado da esposa do presidente interpuxo un recurso de queixa á Audiencia Provincial de Madrid contra a decisión acordada por Peinado, a quen asolicita que anule tanto a retirada do pasaporte como prohibición de saír de España e firmar cada quince días en sede xudicial.