Publicador de contidos

Publicador de contidos

Beber auga pouco a pouco antes de ter sede, vital ante a calor excesiva

Beber auga pouco a pouco antes de ter sede, vital ante a calor excesiva

Persoas maiores e nenos, os máis vulnerables ante unha vaga de calor

A calor excesiva ocasiona deshidratación no corpo, por iso é conveniente beber de xeito continuado
G24.gal 20/05/2022 08:14

A calor excesiva ocasiona deshidratación no corpo, daquela, a primeira recomendación é beber auga pouco a pouco e de xeito continuado antes de que a sede apure. As persoas maiores e os nenos son os máis vulnerables, porque teñen menos reservas hídricas.

A comida, a roupa e outras rutinas da vida cotiá tamén deben ser adaptadas para levar mellor unha situación de moito calor.

"Levar roupa con cores claras, lixeira; cubrirse con gorro, con sombreiro se temos que estar no exterior e rehidratarse abudantemente. Beber líquidos abundantemente. Todas estas recomendacións son moito máis esaxeradas nas idades extremas da vida; os nenos e as persoas maiores son moito máis vulnerables ao aumento das temperaturas. Ademais, a eles haberá que ofrecerlles auga, porque non a van buscar xeralmente por propia iniciativa", sinala Beatriz R. Esplandiú, xefa de garda do Samur.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade