Publicador de contidos

Publicador de contidos

Barcelona e Real Madrid asinan senllos empates na xira americana

Barcelona e Real Madrid asinan senllos empates na xira americana

Dobrete de Dembelé na igualada diante da Juventus (2-2)

Benzemá e Hazard marcan no empate do Real Madrid diante do América (2-2)

G24.gal 27/07/2022 08:54

Esta pasada madrugada, o Barça empatou a dous goles ante a Juventus nun partido que se xogou en Dallas. O máis destacado do encontro foi Dembélé. O francés marcou os dous tantos do conxunto azulgrá.

O Real Madrid xogou en San Francisco. Empate a dous goles dos brancos ante o América de México. Benzema logrou o primeiro gol do Real Madrid na súa estrea nesta pretemporada. Disparo axustado de Karim ao que non chega Ochoa.

O segundo dos brancos chegaría tras penalti cometido a Lucas Vázquez. Marcou desde os once metros Hazard. O Real Madrid pechará a xira americana, este domingo, ante a Juventus.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade