Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baño de goles do Arenteiro nun enchoupado Espiñedo (6-3)

Baño de goles do Arenteiro nun enchoupado Espiñedo (6-3)

O Avilés marcou primeiro, aos dez minutos, por medio de Adri

O Arenteiro soubo xogar co estado enchoupado do campo

Ferreiro, Cuéllar e Mingo lideraron o festival verde

G24.gal 07/02/2026 18:17 Última actualización 07/02/2026 18:36

Ao que se ve, este Arenteiro é un equipo acuático. Quen o ía dicir. Porque canto máis enchoupado estaba o Espiñedo, canta máis auga caía, mellores prestacións ofreceron os galegos. Máis impuxeron a súa forza, a súa garra. 

O partido non lles arrancou ben co gol de Adri (minuto 10) pero lonxe de laiarse e deixarse afundir por unha situación clasificatoria pouco propicia, os verdes acometeron unha reacción merecedora de eloxios. Nela destacar a Ferreiro, un xogador doutro nivel, un futbolista que paladexou o sabor do fútbol de elite e que, agora, próximo aos 40, non regatea a resposabilidade e o esforzo. Ferreiro empatou un minuto despois do gol do Avilés. E a seguir chegaron os tantos de Bastida e de Mingo. Os dous cheos de coraxe e da intelixencia propia dos que saben xogar co estado do campo.

Á volta do descanso, o técnico visitante modificou o seu plantexamento e o Avilés meteuse na pelexa cun tanto temperán de Uzkudun (minuto 48). Mais aí volveu o Arenteiro a amosar que, co campo asulagado, é un rival intratable. E, nun par de transicións de Chuca e Mingo, despachou o partido. Para pechar esta tarde máxica no Espiñedo, aínda veríamos dous goles máis; o de Rubio para os visitantes e o de Mingo para o Arenteiro, logo dun penalti, sobre outro dos destacados, Cuéllar. 

5-2 final, o Arenteiro acariña os postos de permanencia e faino logo de darse "un baño" de auga e de goles nesta data.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar