Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balseiros: "Tomaremos as medidas necesarias para evitar que veña algún animal infectado"

Balseiros: "Tomaremos as medidas necesarias para evitar que veña algún animal infectado"

Durante os próximos 21 días prohíbese a celebración de feiras, exposicións e certames de gando para evitar a entrada da dermatose nodular contaxiosa

O director xeral de Gandería envía unha mensaxe de tranquilidade: "Esta enfermidade non se transmite aos humanos nin se contrae consumindo carne ou derivados"

Arquivo/Europa Press/Carlos Castro
G24.gal 27/10/2025 09:55

Galicia amplía o reforzo para protexerse ante a dermatose nodular contaxiosa, unha enfermidade que obrigou a sacrificar máis de 2.500 vacas en Cataluña.

Desde hoxe prohíbese a celebración de feiras, poxas, mercados e calquera concentración de gando para evitar o contaxio da cabana gandeira galega, formada por 26.600 explotacións de gando vacún. A medida, publicada no DOG, estará en vigor durante os próximos 21 días. Ademais, os bovinos que entren doutras comunidades autónomas terán que pasar unha corentena de 21 días.

"En Galicia non temos constancia de ningún positivo. O que estamos facendo é tomar medidas preventivas para tratar de que non chegue a darse ningún caso na nosa comunidade autónoma", explica no 'Bos días' o director xeral de Gandería da Xunta, José Balseiros. E é que, de darse un só positivo, habería que sacrificar todas as reses da explotación.

Balseiros envía unha mensaxe de tranquilidade. Lembra que a enfermidade non se contaxia aos humanos, nin sequera inxerindo carne ou derivados de reses infectadas.

A Xunta pídelle ao Ministerio que lidere as estratexias e adopte medidas de coordinación para loitar contra a expansión desta enfermidade. Reclama que se empreguen os fondos que sexan necesarios para impulsar a comercialización dunha vacina que permita aplicala de forma preventiva e que se establezan axudas uniformes para todo o territorio nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade