Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña acolle o terceiro Cumio Mundial de IA aplicada ao ámbito militar

A Coruña acolle o terceiro Cumio Mundial de IA aplicada ao ámbito militar

Empresas como Navantia ou Indra presentan as súas aplicacións nun mercado internacional en desenvolvemento

G24.gal 04/02/2026 15:06 Última actualización 04/02/2026 15:33

É o equivalente ao sistema nervioso da fragata. Unha infraestrutura dixital distribuída por todo o buque que facilita a operatividade a bordo, por exemplo, nunha emerxencia.

 "A tripulación estará dotada dun dispositivo que permitirá a súa localización en todo momento. Adicionalmente temos outras capacidades de IA para poder recoñecer se hai persoas a bordo non desexadas", explica Samuel Fernández, responsable de Desenvolvemento do SSI de Navantia.

Un programa con selo galego que marca unha vantaxe competitiva para Navantia no mercado internacional.

"Esta é unha aposta pola dixitalización dos buques. Esta é a capa base que nos vai permitir esta dixitalización e tras este virán outros fitos que nos posicionarán como unha empresa punteira nese sentido" di Samuel.

Aplicacións que nacen no ámbito militar e se trasladan a outros sectores como o da seguridade civil. É o caso de Indra.

"Resolución de emerxencias ou de catástrofes, axuda na investigación criminal, na protección das fronteiras ou na investigación contra o terrorismo. Todas esas capacidades están reunidas en IndraMind", detalla Ignacio Martínez, director xeral de IndraMind.

Retos para a defensa dos países que buscan na Coruña avanzar nun uso responsable da tecnoloxía. 

"En momentos difíciles coma os que se están vivindo en Ucraína onde se está masacrando a poboación civil e noutros escenarios bélicos, nós cremos na defensa da paz e dos valores éticos", destaca a ministra de Defensa, Margarita Robles. 

Tecnoloxía de futuro cada vez máis presente na nosa vida diaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade