Cargando resultados...
Baleares solicita aval xudicial para esixir que os sanitarios estean vacinados
Se os sanitarios non están vacinados, pediranlles tres probas diagnósticas por semana
A medida inclúe todo tipo de traballadores, tamén persoal administrativo e de seguridade
G24.gal
13/12/2021 14:22
Baleares esixirá o certificado COVID aos traballadores sanitarios. No caso dos non vacinados, deberán facer tres probas diagnósticas de covid–19 cada semana. Delas, dúas deben ser PCR. A medida inclúe todo tipo de traballadores, tamén persoal administrativo e de seguridade.
Tamén terán que facer unha proba diagnóstica os que se incorporen ao traballo despois dunhas vacacións, aínda que xa estean vacinados. A balear é a primeira comunidade que adopta esta medida. Agora ten que ser avalada polo Tribunal Superior de Xustiza das Baleares.