Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balance positivo da campaña de caza menor en Galicia

Balance positivo da campaña de caza menor en Galicia

As capturas foron similares ás dos últimos anos, segundo os TECOR

Perdiz, coello de monte e lebre foron as especies máis cazadas

G24.gal 13/01/2023 20:23 Última actualización 13/01/2023 20:30

Segundo os cazadores, a caza menor é un ben cada vez máis escaso en Galicia.

Aínda así, este ano as capturas de perdiz, lebre e coello foron similares ás de exercicios anteriores, á falta de cifras oficiais.

As chuvias do outono compensaron a seca do verán e as especies criaron con normalidade.

Os TECOR onde se traballou ao longo do ano obtiveron mellores resultados.

En Galicia hai arredor de 40.000 licenzas de caza, unha cifra que non diminuíu durante os anos de pandemia.

A maior parte dos cazadores dedícanse á captura do xabaril, por ser a especie máis abondosa.

O levantamento das restricións polo coronavirus tamén permitiu gozar da caza como se fixo sempre, e iso animou á participación.

Aínda que a caza menor rematou, poderanse capturar nas vindeiras semanas tanto arceas como raposos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade