Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixan os pacientes ingresados por covid en Galicia pero hai cinco máis nas UCI

Baixan os pacientes ingresados por covid en Galicia pero hai cinco máis nas UCI

O Sergas notifica catro novos falecementos por covid nas últimas 24 horas

Os casos activos seguen a subir e xa superan os 15.000

G24.gal 23/04/2022 09:57 Última actualización 14:30 23/04/2022

Nas últimas horas e con datos das 18 horas do venres baixa en Galicia o número de persoas ingresadas por covid, son 622, (-17). A redución de enfermos polo virus dáse en planta con 601 persoas en cuarto illado, que son 22 menos que a xornada anterior.

Pola contra aumentan os pacientes nas UCI e son 21 os que precisan atención especializada, cinco máis que a xornada previa.

Os contaxios diarios baixan aos 1.616, que son 102 novos diagnósticos menos nas probas realizadas.

En canto aos casos activos, seguen a subir unha vez pasadas as datas da Semana Santa, e xa superan a cifra de 15.000 en Galicia. En total son 15.278, (+369), pero é certo que o aumento prodúcese dun xeito máis moderado.

O Sergas notifica catro novas mortes por covid nas últimas 24 horas, o que eleva a cifra a 3.320 persoas falecidas desde o comezo da pandemia en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade