Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixan os contaxios en Galicia pero soben as infeccións e os hospitalizados

Baixan os contaxios en Galicia pero soben as infeccións e os hospitalizados

O Sergas notifica que este sábado non houbo falecidos

Nunha semana aumentaron case un cento os casos activos

As UCI da Coruña e Vigo volven ter pacientes coa covid

O CHUAC volve ter pacientes ingresados na UCI
G24.gal 30/10/2021 10:44

Os contaxios da covid-19 en Galicia na última xornada sitúanse outra vez por baixo dos 50, en concreto en 37, que son 19 menos que o día anterior. Pero os casos activos seguen por riba dos 500, alcanzan os 512, (+7), e hai catro pacientes máis nos hospitais. Son dous enfermos máis nas UCI que 24 horas antes, con cinco persoas que precisan atención en agudos e tamén hai dous ingresos máis en planta, con 24 persoas en cuarto illado polo virus.

O Sergas identificou diferentes gromos de carácter familiar na capital e na comarca do Carballiño onde xa sufriron con virulencia varias vagas do virus.

Desde o comezo da pandemia contaxiáronse en Galicia 183.189 persoas, das que xa curaron 180.059, trinta delas na última xornada.

A cifra de falecidos durante a pandemia mantense en 2.652 pois este sábado o Sergas non notificou novos decesos. Esta semana faleceron tres persoas coa covid.

Incidencia acumulada

Os datos das últimas horas indican un incremento da incidencia acumulada en Galicia ata situarse en 18,17 casos por cen mil habitantes, un punto máis que o día anterior. Pero Galicia aínda mantén a situación de nova normalidade, por continuar por baixo dos 25 casos e moi por baixo da media española, que está lixeiramente por riba dos 49 casos a 14 días.

 A taxa de positividade está en Galicia no 1,22 % fronte aos 2,55 % en toda España.

Situación por áreas sanitarias

Por áreas sanitarias os casos increméntanse na Coruña a 143 (+4), en Ferrol a 35 (+2), en Ourense a 99 (+13) e seguen igual en Lugo con 38, mentres que baixaron en Pontevedra a 65, (-2), en Santiago a 56 (-7) e Vigo con 78 (-3).

En Galicia xa hai 2.293.337 persoas coa pauta completa das vacinas contra a covid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade