Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixada brusca das temperaturas despois de días secos e solleiros

Baixada brusca das temperaturas despois de días secos e solleiros

No norte de Galicia os termómetros baixaron nove graos nun día

Prevese tempo inestable con frío e chuvascos ocasionais 

 

G24.gal 18/04/2022 14:46

Plumíferos, chuvasqueiros e caras de frío, esta mañá en Melide. Os termómetros caeron nove graos dun día para outro. 

O frío e as nubes nótanse máis polo norte de Galicia. As temperaturas non soben dos 15 graos na Coruña, Ferrol, Lugo ou Santiago. Non son valores extremos, pero si contrastan moito co tempo seco e solleiro dos últimos días.

Con todo, os peregrinos prefiren este tempo fresco para camiñar. Moitos veciños piden tamén que, postos a pasar frío, que veña acompañado de chuvia.

A chuvia é feble e intermitente, así que non darán para encher os encoros, pero si para que teñamos que levar o paraugas, sen esquecer as lentes de sol nin a bufanda, porque na primavera, xa se sabe, todo cambia en cuestión de minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar