Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixa o ritmo de contaxios na área de Vigo pero sobe a presión hospitalaria

Baixa o ritmo de contaxios na área de Vigo pero sobe a presión hospitalaria

Suma 897 infeccións nas últimas 24 horas

Hai oito persoas máis ingresada en planta

G24.gal 02/01/2022 13:53

A área sanitaria de Vigo segue á cabeza de casos de covid en Galicia, con 11.831. Baixa o número de positivos detectados pero soben as hospitalizacións, que son xa 82. 

Volven as colas ao covid-auto do hospital Álvaro Cunqueiro. Hai familias enteiras e grupos de amigos. A maioría mantivo contacto con persoas positivas entre a Noiteboa e o Nadal e precisan confirmar a súa situación cunha PCR.

Tras varios días superando o milleiro de casos novos, a área sanitaria de Vigo rexistrou un total de 897 infeccións nas últimas vinte e catro horas.

Nos centros hospitalarios hai oito persoas máis ingresadas en planta. Nas unidades de coidados intensivos permanecen trece doentes, un menos ca este sábado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos