Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis dun cento de policías actualizan as súas técnicas de detención na Estrada

Máis dun cento de policías actualizan as súas técnicas de detención na Estrada

Na academia galega reciben formación para enfrontarse a delincuentes empregando diferentes procedementos.

G24.gal 19/02/2022 15:10

Rapidez, precisión e eficacia. Así perfeccionan a súa técnica os case 120 alumnos que esta fin de semana están asistindo ao curso de defensa persoal que se celebra nas instalacións da Academia Galega de Seguridade, na Estrada. Alí reciben formación para enfrontarse a delincuentes empregando diferentes procedementos.

"Trátase de habilitalos tanto no uso do bastón extensible como nos grillóns ou uso das mans libres. É un pouco habilitalos e facer nas detencións o menor dano posible co maior éxito posible", asegura o coordinador do curso na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Nas xornadas participan axentes da policía local e nacional, gardas civís e mesmo funcionarios de prisións. Todos eles son conscientes da importancia de formarse correctamente para saír a rúa.

"Tanto a formación teórica como a física son moi necesarias, tal como está o tema polo mundo adiante", comenta un dos axentes participantes no curso.

A formación dun axente resulta cada vez máis especializada e esixente: física, psicolóxica e tamén dende o punto de vista social. 

"O axente ten que ter unha preparación integral en todo: en mediación, en redución, en detencións... porque a delincuencia cada vez está mellor preparada, o cal quere dicir que o axente ten que estar polo menos igual de preparados que eles", mantén José María Benito, instrutor e inspector xefe da Policía Nacional. 

Precisamente este instrutor procedente de Madrid recibiu unha pequena homenaxe polos seus case corenta anos de dedicación formando axentes nunha sociedade cada vez máis esixente coas súas forzas da orde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade