Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso laranxa este domingo por temporal en todo o litoral e por vento nas costas da Coruña e de Lugo

Aviso laranxa este domingo por temporal en todo o litoral e por vento nas costas da Coruña e de Lugo

Agárdase mar combinado con ondas de ata 8 metros en todo o litoral

Haberá refachos de vento na costa noroeste da Coruña e na Mariña de 100 km/h

G24.gal 14/01/2023 19:27 Última actualización 14/01/2023 21:20

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou para este domingo o aviso laranxa por temporal en todo o litoral galego e por vento na costa noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), informa de que os dous fenómenos atmosféricos adversos de nivel laranxa comezarán a última hora da tarde do domingo.

No caso do temporal costeiro, espérase mar combinado do noroeste con ondas de ata 8 metros en todo o litoral.

O vento do oeste ou suroeste será de forza 8 ao norte de Fisterra e poderá alcanzar ocasionalmente forza 9. En canto á alerta laranxa por vento na costa noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, espéranse refachos de 100 km/h.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e das persoas, a Xunta, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Lembra ás persoas a importancia de manterse afastadas da liña de costa, isto é, de diques, rompentes e paseos marítimos, e recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

E chega a friaxa invernal o domingo á espera da borrasca Fien, que traerá vento, neve e temporal marítimo desde o luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade