Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta licitará en xuño a demolición do hotel de pacientes do CHUAC

A Xunta licitará en xuño a demolición do hotel de pacientes do CHUAC

Tamén a construción da torre polivalente e os accesos ao novo CHUAC

A previsión é que as obras arranquen a comezos de 2024

Ethel Vázquez di que a superficie construída do novo hospital triplicará a actual

G24.gal 15/05/2023 14:53 Última actualización 15/05/2023 15:12

O conselleiro de Sanidade e mais a conselleira de Infraestruturas ofreceron detalles do novo CHUAC. Presentáronlle o proxecto ao Colexio de Médicos da Coruña, ao que invitaron a participar no desenvolvemento do novo hospital, que lle vai prestar servicio ao 20 por cento da poboación galega.

A Xunta licitará en xuño a demolición do hotel de pacientes, a construción da torre polivalente e os accesos ao novo CHUAC. A previsión é que as obras arranquen a comezos de 2024. "Un novo hospital público onde a Xunta prevé investir 500 millóns de euros".

"De xeito inminente comezará a coller forma e o deseño resultante suporá multiplicar por tres a superficie construída", explicaba Ethel Vázquez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade