Publicador de contidos

Publicador de contidos

Avanza o baleirado do Awadi, correxindo o escoramento do barco

Avanza o baleirado do Awadi, correxindo o escoramento do barco

Mellora a estabilidade do arrastreiro que empezou a arder o luns, do que extraeron uns 40.000 litros de auga

G24.gal 04/09/2025 14:36

Aos poucos vaise corrixindo o escoramento do Awadi, que recupera estabilidade segundo se vai baleirando peso do barco, mentres a súa contorna segue valada pola barreira anticontaminación. Extraéronse do interior do arrastreiro uns 40.000 litros de auga contaminada, tanto por líquidos propios do barco como dos que usaron os bombeiros para apagar o incendio.

O director de Portos de Galicia explica que agora queda dentro o combustible e que hai uns pequenos depositos de auga dulce e tamos dudando se extraerllñe aa auga ou non non vai afectar moito mais a flotabilidade.

Os bombeiros están de retén. Agora están na fase de rematar os últimos traballos de achique e queda un punto ao que van deixar que se esgote por si só.

Sobre os gastos e o que pasará co barco, dende Portos de Galicia explican que se estan facendo cargo o armador e asegurado, haberá un informe de inspección do atestado e eles teñen que tomar unha decisión sobre oque farán co Awadi. Din que o espazo en que está non afecta á actividade normal do porto de Ribeira polo que non é urxente o desaloxo do barco. 

O lume no Awadi comezou o luns pola tarde na zona de máquinas, mentres se levaban a cabo tarefas de reparación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade