Publicador de contidos

Publicador de contidos

Autorizan a reapertura dos bancos marisqueiros de Boiro, A Pobra do Carmiñal, parte de Ribeira e Baiona

Autorizan a reapertura dos bancos marisqueiros de Boiro, A Pobra do Carmiñal, parte de Ribeira e Baiona

As mostraxes reflicten "unha remisión" do episodio de toxina e é posible que nos próximos días poidan reabrir bateas da ría de Arousa

G24.gal 27/11/2025 13:49

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), dependente da Consellería do Mar, autorizou reabrir os bancos marisqueiros de Boiro, A Pobra do Caramiñal e parte de Ribeira e Baiona.

Segundo detallou a Xunta nun comunicado, esta decisión foi tomada despois de analizar os resultados das últimas mostraxes, que sinalan a remisión do episodio de toxinas lipofílicas que mantiña prohibida a actividade extractiva nestas áreas.

Con estas aperturas, na actualidade permanecen abertos case todos os bancos marisqueiros da ría de Arousa, salvo o correspondente á parte máis externa da ría, e a metade das zonas produtivas da ría de Vigo. Pola contra, continúan pechadas todas as zonas produtivas da ría de Pontevedra.

No que respecta a polígonos de bateas, polo momento non hai cambios e mantéñense os peches vixentes. Con todo, as últimas mostraxes reflicten "unha remisión" do actual episodio por biotoxinas e "abren a porta a posibles aperturas" de polígonos de viveiros flotantes na ría de Arousa nos próximos días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade