Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Australia pode con Tunisia e ve máis preto os oitavos
            
                            G24.gal
                        
                            26/11/2022 16:12
                        
                        
                        
                        
                    
                    E esta mañá, no grupo D, Australia gañoulle a Tunisia por un gol a cero. Un solitario tanto de Mitchell Duke deulle os tres puntos ao combinado australiano, que vai ter as súas opcións de clasificación nunha última xornada na que se vai enfrontar a Dinamarca. Os aussies precisaban o triunfo e resistiron o resto do encontro ante o acoso do seu rival, que buscou o empate ata os últimos minutos. Non o conseguiu e, cun só punto na táboa, queda nunha situación moi complicada, xa que xogará ante Francia o seu terceiro partido. Australia celebrou a súa importante vitoria.