Publicador de contidos

Publicador de contidos

Djokovic non será detido nin deportado hoxe, segundo un avogado do Goberno australiano

Djokovic non será detido nin deportado hoxe, segundo un avogado do Goberno australiano

A decisión tomarase despois dunha reunión con funcionarios de Inmigración o sábado pola mañá

G24.gal 14/01/2022 10:11

Djokovic non será detido nin deportado hoxe, segundo un avogado do Goberno australiano.

A decisión tomarase despois dunha reunión con funcionarios de Inmigración o sábado pola mañá

 

O ministro australiano de Inmigración, Alex Hawke, cancelou este venres por segunda vez o visado do tenista número un do mundo, o serbio Novak Djokovic, o que dá paso á súa deportación.

"Hoxe exercín o meu poder baixo a sección 133 C(3) da Lei de inmigración para cancelar o visado do Sr. Novak Djokovic baseado en razóns sanitarias e do mantemento da orde por ser de interese público", sinalou o ministro nun conciso comunicado ao remarcar que sopesou "coidadosamente" a información proporcionada polas partes.

A anulación do visado de Djokovic salvagarda "os sacrificios" feitos polos australianos, di o primeiro ministro

Djokovic viaxou o 5 de xaneiro a Melbourne cunha exención médica que lle permitía xogar no Aberto de Australia sen estar vacinado, aínda que despois as autoridades de Aduanas canceláronlle o visado e detivérono ata que o luns un fallo xudicial deulle a razón do tenista.

Prevese que os avogados do serbio de 34 anos recorran nos tribunais esta decisión- que sopesou erros e inconsistencias na declaración que fixo Djokovic para entrar a Australia, así como por contravir as directrices de illamento por covid-19 en Serbia, entre outros asuntos.
Djokovic declarara que non viaxara nos últimos 14 días previos, pero o certo é que se desprazou de Serbia a España, mentres que no seu país de orixe concedeu unha entrevista a un medio francés sabendo que era positivo da covid-19.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade