Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentar o gasto en Defensa pode beneficiar cidades como Ferrol

Aumentar o gasto en Defensa pode beneficiar cidades como Ferrol

G24.gal 04/03/2025 15:44

O aumento do gasto en defensa terá un impacto económico nalgunhas cidades españolas que teñen unha maior dependencia da industria militar.

E entre as localidades máis beneficiadas por ese aumento do gasto en Defensa, Ferrol ocupa un lugar preferente pola construción de fragatas e outros contratos de Defensa.

Nese mapa da industria militar tamén ten un protagonismo especial Cádiz.

As instalacións de Navantia en San Fernando son un referente na construción de buques de guerra e outros sistemas electrónicos de defensa.

A localidade murciana de Cartaxena é o centro de referencia na construción e mantemento de submarinos.

Sevilla e Xetafe son prazas clave na fabricación de aeronaves militares e na industria aeroespacial.

Un aumento do gasto en defensa repercutiría entón en toda a cadea económica ferrolá, así que pode ser un revulsivo e unha oportunidade para a cidade.

En Ferrol o sector naval e militar é un piar económico. Canto máis peso teñan, máis repercutirá.

Está pasando xa, tamén no sector inmobiliario, Ferrol é das cidades máis rendibles para investir. Seis de cada dez pensan en investir en vivenda

 A Armada ten máis de 3.000 efectivos asentados aquí, e aquí está Navantia.

Así que o debate actual sobre aumentar o gasto en Defensa pode ser unha oportunidade de crecemento.

E en Ferrol prepáranse para ese reto. Xa notan o efecto no mercado inmobiliario: din que ese aumento nos postos de traballo tirou da demanda e os prezos da vivenda en Ferrol. E a maioría dos clientes son investidores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade