Cargando resultados...
Aumentan os ingresos por coronavirus tanto en planta (+12) como nas UCI (+3)
O Sergas notificou catro decesos por mor da covid-19 nas últimas 24 horas

G24.gal
08/04/2022 10:28
Remata a semana cun incremento dos ingresos tanto en planta (+12), como nas UCI (+3) de persoas con coronavirus. En total, hai 468 e 20 persoas hospitalizadas respectivamente.
Pola súa parte, aumentan os contaxios diarios con respecto ao día anterior e rexístranse 1.276, a pesar de que xa non se contan os casos leves de covid–19.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
En canto aos casos activos, estes soben lixeiramente (+138), deixando o total en 11.626.
O Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alza a cifra a 3.240 falecementos desde o inicio da pandemia.