Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan máis dun 20% os ingresos covid pola suba da incidencia nos maiores de 60

Aumentan máis dun 20% os ingresos covid pola suba da incidencia nos maiores de 60

Galicia roza os 1.300 casos por cen mil habitantes nesa franxa de idade

Comesaña chama á prudencia e a completar a pauta de vacinación

A raíña Letizia dá positivo en covid e suspende a súa axenda

G24.gal 05/07/2022 19:14 Última actualización 05/07/2022 22:02

O verán volve disparar os contaxios de covid. Aumentan en todas as comunidades autónomas. Galicia roza os 15.000 casos activos e só na última xornada notificou 1.500 novos positivos. A curva da sétima vaga do virus segue medrando impulsada polas novas subvariantes de ómicron e unha maior interacción social.

"Levamos unhas semanas de relaxación, por outra parte comprensible, pero sabemos que xera o que xera" dicía o conselleiro de Sanidade en conferencia de prensa.

 E aínda que a infección non cursa con cadros graves na maior parte dos afectados as hospitalizacións aumentaron máis dun 20% de media na última semana. O motivo, a elevada incidencia nas persoas de máis idade. Dos 70.000 casos notificados polas comunidades autónomas máis de 40.000 corresponden a maiores de 60 anos. A incidencia nesta franxa de idade supera os mil casos por cen mil habitantes e en Galicia está por riba da media española, rozando os 1.300.

"Pedirlles un esforzo aos cidadáns nas medidas e tamén animar aqueles que non puxeron a terceira dose a que o fagan", instaba García Comesaña.

Galicia notificou na última semana a morte de 39 persoas que tiñan a infección por covid, 16 só nos últimos tres días. A maioría eran anciáns de máis de oitenta anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade