Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumentan a 920 os mortos polo terremoto de magnitude 5,9 en Afganistán

Aumentan a 920 os mortos polo terremoto de magnitude 5,9 en Afganistán

O sismo rexistrouse a noite do martes a uns 46 quilómetros de de Khost, capital da provincia homónima afgá, preto da fronteira con Paquistán

O Goberno dos talibán asegurou que emprega todos os seus recursos nas operacións de rescate

G24.gal 22/06/2022 11:39

Polo menos 920 persoas morreron e unhas 600 quedaron feridas por un terremoto de magnitude 5,9 na escala de Richter que afectou onte á noite o leste de Afganistán e o veciño Paquistán, mentres os equipos de rescate tratan de localizar a posibles atrapados e brindar axuda.

O sismo rexistrouse a noite do martes a uns 46 quilómetros de Khost, capital da provincia homónima afgá, preto da fronteira con Paquistán, segundo o Servizo Xeolóxico de Estados Unidos, que informou tamén dunha réplica de magnitude 4,5.

As provincias afgás máis afectadas foron Paktika, con polo menos 255 mortos en catro distritos, Khost, con 25 mortos, e Nangarhar, con cinco mortos, segundo afirmou un portavoz do Ministerio de Resposta e Manexo de Desastres afgán, Mohammad Nasim Haqqani.

O portavoz tamén situou en máis de 500 os feridos en Paktika e un número indeterminado no resto das provincias, mentres que a axencia de noticias estatal afgá Bakhtar, citando fontes oficiais, elevou a cifra de feridos a máis de 600.

Ademais no veciño Paquistán polo menos unha persoa morreu "ao derrubarse o teito da súa casa debido ao terremoto", dixo Taimoor Ali, portavoz da Autoridade de Xestión de Desastres da provincia de Khyber Pakhtunkhwa, onde se produciu o suceso. I

O Goberno dos talibán asegurou que emprega todos os seus recursos nas operacións de rescate, co envío de asistencia, helicópteros e subministracións médicos, á vez que pediu axuda ás organizacións humanitarias no país.

"O Goberno está a traballar dentro das súas posibilidades. Esperamos que a comunidade internacional e as axencias de socorro tamén axuden á nosa xente nesta situación desesperada", publicou en Twitter o líder talibán Anas Haqqani. A Cruz Vermella Internacional e a Oficina da ONU para a Coordinación de Asuntos Humanitarios anunciaron o enviou inmediato de asistencia ás zonas afectadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade