Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta a venda de tests de antíxenos nas farmacias polas festas do Nadal

Aumenta a venda de tests de antíxenos nas farmacias polas festas do Nadal

Moita xente sométese á proba antes dalgún evento para saber se porta o virus

G24.gal 11/12/2021 21:42

Con vistas ás festas do Nadal, aumentou notablemente a venda de tests de antíxenos nas farmacias. Moita xente quere facela antes dalgún evento para saber se portan o virus, malia que a súa fiabilidade non é a dunha PCR.

No caso de que o cliente necesite un certificado, a proba ten que facerse na propia farmacia, nun cuarto ventilado e separado para evitar riscos. Hai que agardar uns dez minutos para coñecer o resultado. 

Polo xeral, o persoal médico recomenda axudarse dos tests de antíxenos antes de cada xuntanza con familiares ou amigos cos que non se convive.

Ademais, insisten en que as persoas con síntomas, aínda que sexan leves ou moi semellantes aos dun catarro, é mellor que non vaian a ningunha reunión para evitar que esta sexta vaga vaia a máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos