Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta a inseguridade en Compostela: de 6.000 denuncias nun ano a 4.500 nos últimos tres meses

Aumenta a inseguridade en Compostela: de 6.000 denuncias nun ano a 4.500 nos últimos tres meses

Os veciños de Meixonfrío e do Cruceiro da Coruña, os últimos en denunciar a inseguridade do barrio

Un dos delincuentes que frecuenta a zona intimidou e perseguiu a empregada dunha farmacia onde entraron a roubar varias veces

G24.gal 01/04/2025 14:37

Fano en plena rúa e á plena luz do día. Tal e como se ve nas imaxes gravadas pola veciñanza. Non se agochan.

"Temos 'veciños novos' que veñen buscar material. É un clamor. A xente está un pouco asombrada porque hai tempo xa que temos est problema no barrio pero vemos que o problema vai a máis", denuncia Juan Manuel Granja, o presidente da Asociación de veciños Casa Agraria

Meixonfrío e O Cruceiro da Coruña, no norte da cidade, é unha zona tranquila, con veciños e negocios de toda a vida. Nos últimos tempos a trasfega de xente que non é do barrio é constante. 

"Hai varios que venden, polo que podemos ver, e xente vén de todo tipo. Xonquis e non xonquis, xente que ves normal e que ninguén dirían que consome", engade Granja.

A xente non quere falar porque está atemorizada. Algúns mesmo ameazados. Sófreno especialmente na farmacia. Levan varios furtos e moitos máis intentos, pero desta vez un dos delincuentes mesmo intimidou unha das empregadas. 

"Son os mesmos. Sempre os mesmos. Saíu ás dez menos cuarto de traballar. El empezou a berrarlle detrás. Ela botou a correr e gardouse entre os mozos da gasolineira e eles protexérona. Pasa con frecuencia aquí. Tamén nos entraron unhas mozas, o mozo quedou fóra e roubounos na farmacia", explica unha empregada.

Relacionan esta problemática co consumo de droga, cun punto clave na cidade, o Banco do Pobre. Nos arredores, en Santa Marta, non poden máis. O último episodio de vandalismo sufrírono precisamente no local da asociación que leva meses denunciando a situación. Non descartan unha vinganza.

"A sospeita é que si porque dentro hai cadeiras, hai mesas, parasois..., e non roubaron nada. Apareceu a cristaleira que é de seguridade totalmente rompida. Debeu ser con algo contundente. É o sitio onde dormen, onde se pinchan", sinala José Manuel López, presidente da Plataforma Santa Marta Segura.

A plataforma Santa Marta Segura está recollendo sinaturas por todo o barrio e tamén entre persoal e usuarios do hospital, afectados tamén. Calculan que van chegar ás 5.000, que o venres lle van entregar ao delegado do Goberno. Nos próximos meses prevén organizar unha manifestación na que queren implicar toda a cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade