Cargando resultados...
Atropelan e feren de gravidade un ciclista en Lugo
O accidente ocorreu na rotonda da N-6 ás doce do mediodía

G24.gal
11/02/2025 20:15
Un ciclista resultou ferido de gravidade este martes en Lugo ao ser atropelado por un coche.
O accidente ocorreu na rotonda da N-6 ás doce do mediodía.
O home tivo que ser trasladado a un hospital.
Polo de agora, descoñécense as causas exactas do sinistro.