Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan o cadáver de Álvaro Prieto entre dous vagóns de tren en Sevilla

Localizan o cadáver de Álvaro Prieto entre dous vagóns de tren en Sevilla

O tren onde foi atopado o cadáver de Álvaro Prieto atopábase sen prestar servizo desde agosto

Efectivos de Homicidios están a traballar no lugar dos feitos

G24.gal 16/10/2023 12:56 Última actualización 16/10/2023 17:48

A Policía Nacional confirmou que o corpo atopado na mañá deste luns entre dous vagóns na estación de Santa Justa de Sevilla é o de Álvaro Prieto, o mozo cordobés de 18 anos que buscaban dende o pasado xoves cando desapareceu.

O achado saltou á luz por un equipo de televisión que informaba en directo do suceso. Preto da contorna da estación, onde se centraban os labores de busca.

O mozo perdera o tren no que ía regresar a Córdoba e quedou sen batería no móbil. Intentou subir a outro convoi, pero, ao non ter billete, impediullo a seguridade de Renfe. As cámaras gravárono saíndo da estación e aí comezaban horas de angustia para a familia, como relataba a súa nai.

A Policía Nacional mantiña varias liñas de investigación na procura do mozo, desaparecido desde o pasado xoves cando pretendía volver a Córdoba tras pasar a noite en Sevilla. Onte á noite, membros da Unidade Militar de Emerxencias rastrexaron con cans especializados unha zona de vías férreas próximas á estación.

A Policía Científica xa identificou o corpo, que foi levantado pola comisión xudicial cara as 15:30 horas e trasladado ao Instituto Anatómico Forense, onde está previsto que este martes se lle practique a autopsia.

O tren estaba avariado e non prestaba servizo dende agosto

O tren onde foi atopado o cadáver de Álvaro Prieto atopábase sen prestar servizo desde agosto. O vehículo estaba avariado e durante estes días "non realizou ningún movemento nin foi sometido a ningunha revisión nin mantemento".

Así o expresaron fontes de Renfe, que indican que o tren se atopaba estacionado nunha vía de apartado do Centro de Tratamento Técnico de Santa Justa, "e non se moveu desde o pasado 24 de agosto". Neste sentido, este luns, operarios da compañía ferroviaria estaban a realizar unha "manobra interna, sen prestar servizo de viaxeiros". Renfe púxose á disposición da policía para facilitar todos os datos necesarios para a investigación que están a realizar. Efectivos de Homicidios están a traballar no lugar dos feitos. O xuíz decretou o segredo de sumario neste caso

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade